-Como as de Fingal dis? Serás mais loado e lembrado que o propio Lugh. O teu rastro non terá fin na historia pois ti, pequeno príncipe, estás chamado a ser un dos grandes homes capaces de transformar o mundo. No entanto o camiño non ha ser fácil. Cómpren disciplina e sacrificios e, sobre todo, é preciso que me obedezas, que te fíes de min e sigas os meus consellos sen os cuestionar ata que esteas xa preparado para levares só as rendas de Britania polos camiños novos da historia futura. Non valen atallos, Artur. Se elixires o destino de gloria que che propoño, a túa vontade deberá dobregarse á miña ata que esteas formado. Só eu coñezo o pasado e albisco o futuro coa clareza suficiente para te guiar polo camiño certo, por mais que ás veces este semelle afastarse da ruta xa trazada. Non haberá para ti nin máis pai nin nai ca min. Non coñecerás outro mestre nin obecederás outra voz nin se perderán o teu siso e os teus sentidos perseguindo outros saberes que os que eu che proporcione, por moito que aqueloutros aparenten máis engaiolantes ou semellen de maior importancia. Dime, meu príncipe, estás disposto a te sacrificar para ver o teu nome tecido co fío de ouro no pano de Britania?
-Estou -dixo o neno cunha gravidade impropia dun cativo de tan pouca idade-. Non temo a dor nin os sacrificios. Eu, Artur Pendragón, acéptote a ti, Merlín, como único mestre e único guía. De hoxe en diante, os meus pés só han pousar onde ti me indicares que tripe, só tomarei os alimentos que ti autorizares e só atenderei as voces que ti me permitires. Pola grandeza de Britania e a inmortalidade da nosa estirpe asumo o reto de me conventer no adaíl que prognosticas. Acepto ser o gran rei que virá.
Sin ti tiritan de frío, los sueños de cada canción. Vamos a hundirnos que en las alturas viven las dudas.
miércoles, 15 de abril de 2015
Artistas que afirman haber vendido su alma al diablo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario